CURSOS e TALLERES dirixidos aos MAIORES da PROVINCIA de LUGO para a PROMOCIÓN da súa AUTONOMÍA PERSOAL

ACTUACIÓN: Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia

LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Fundación Tic - IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta S/N – 27004 Lugo (Galicia)

Teléfono: 982 225 186

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Actuación: Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia

O obxectivo destes cursos e talleres é ser un estímulo para usar as novas tecnoloxías, facendo conscientes aos participantes das utilidades e dos beneficios que estas lles poden proporcionar: actividades útiles ademais de amenas e gratificantes.

Un aliciente importante para as persoas maiores, empregar as novas tecnoloxías no seu propio fogar, en todas as súas vertentes, favorecendo deste xeito a súa autonomía persoal, a adquisición de habilidades e a mellora e preservación das súas capacidades cognitivas e funcionais, fomentando así o envellecemento activo.

AULA DE TRANSMISIÓN DE COÑECEMENTO
Nas instalacións do InLugo (Fundación TIC) existe un aula interactiva con material informático e conexión a Internet a disposición de todas aquelas persoas maiores que o desexen.             
Así mesmo, empregarse para realizar actividades de reforzo dos coñecementos adquiridos nos diferentes cursos realizados (ver final documento).                                           
                                              
TITORÍAS PERSONALIZADAS
(Previa Cita)
As persoas que precisen axuda con respecto ás novas tecnoloxías, poderán achegarse ao centro para tentar resolver as súas dúbidas.
Nas datas e horas especificadas, os profesores do INLUGO, resolverán dúbidas tecnolóxicas a todos os maiores que o precisen, de xeito individualizado.


AS INSCRICIÓNS ABRIRANSE O 10 DE ABRIL DE 2018 Á 12:30H.

LISTADO DE CURSOS

35 - Que son as redes socias? Descobre Facebook

CELEBRACIÓN: 26, 27, 28 e 29 de Xuño / (16:30-18:30) / 8 horas

Con este curso preténdese que as persoas maiores interactúen coas novas tecnoloxías e se acheguen ao mundo das redes sociais, coñezan a súa utilidade e se favoreza a súa inclusión social mediante as posibilidades que ofrece Internet. As actividades a realizar neste curso serán dinámicas, xa que non só se centrarán en contidos, senón que se pretenderá amosar aos participantes como crear e empregar de xeito seguro un perfil en Facebook para compartir as súas inquedanzas. Isto favorecerá a súa autonomía persoal, a comunicación e a socialización.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

36 - Taller de internet

CELEBRACIÓN: 12, 16 e 23 de Abril, 7 de maio, 1, 11, 18, 22 e 29 de Xuño / horas

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Estes Talleres están dirixidos a aquelas persoas que xa realizaran os cursos de internet, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Resulta preciso facer esta distinción, para que as sesións sexan dinámicas e así poder reforzar ou ver máis aspectos e/ou contidos diferentes.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

37 - Taller de móbil

CELEBRACIÓN: 12 de Abril, 11 de Maio, 8, 11 e 15 de Xuño / horas

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, os venres en horario de mañá impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Este Taller está dirixido a aquelas persoas que xa realizaran os cursos de móbil, ou que teñan coñecementos básicos sobre o taller ao que se queira asistir, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Resulta preciso facer esta distinción, para que as sesións sexan dinámicas e así poder reforzar ou ver máis aspectos e/ou contidos diferentes.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

38 - Taller de Whats app

CELEBRACIÓN: 16 de Abril, 28 de Maio, 11 e 18 de Xuño / horas

Taller curto, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, na que os participantes farán unha serie de actividades. Este Taller vai dirixido ás persoas que fixeran o curso de "Avanza e coñece o teu Smartphone", e veranse contidos sobre a aplicación de What's app. Neste taller empregará cada participante o seu propio móbil.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

39 - Taller Google Fotos. Ordena as tuas imaxes do móbil, no ordenador

CELEBRACIÓN: 27 de Abril, 7 e 28 de Maio e 4 de Xuño / horas

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Este Taller está dirixido a aquelas persoas que xa realizaran os cursos de móbil, e internet, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Resulta preciso facer esta distinción, para que as sesións sexan dinámicas e así poder reforzar ou ver máis aspectos e/ou contidos diferentes.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

40 - Taller de Youtube

CELEBRACIÓN: 25 de Maio e 4 de Xuño / horas

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, os venres en horario de mañá impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Este Taller está dirixido a aquelas persoas que xa realizaran o curso de internet, ou que teñan coñecementos básicos sobre mesmo, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Resulta preciso facer esta distinción, para que as sesións sexan dinámicas e así poder reforzar ou ver máis aspectos e/ou contidos diferentes.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

41 - Taller Facebook con móbil/tablet

CELEBRACIÓN: 29 de Xuño / horas

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Este Taller está dirixido a aquelas persoas que xa realizaran os cursos de Facebook, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Resulta preciso facer esta distinción, para que as sesións sexan dinámicas e así poder reforzar ou ver máis aspectos e/ou contidos diferentes.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

42 - Taller descobre o mundo e busca con Google Maps

CELEBRACIÓN: 16 de Abril e 11 e 25 de Xuño / horas

Serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, na que os participantes farán unha serie de actividades. Este Taller vai dirixido ás persoas que fixeran o curso de "Internet", e veranse aplicacións coma o Google Maps, (ou similar, dependendo da compatibilidade do dispositivo empregado), ademáis doutras que nos axudan a controlar a actividade física. Con estas últimas, contabilizamos os pasos andados durante o exercicio, kalorías queimadas e un longo etcétera. Por outra banda, con outra aplicación, obteremos información do lugar que se precise, e localizaremos establecementos que señan do noso interese, así coma farmacias, hoteis, restaurantes ou lugares a visitar, visitando páxinas ou apps coma Street View, Tripadvisor ou Trivago por exemplo.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

43 - Taller de aplicacións de compraventa

CELEBRACIÓN: 16 de Abril e 1 e 18 de Xuño / horas

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Este Taller está dirixido a aquelas persoas que xa realizaran os cursos de Internet e/ou de móbil, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Este realízase debido á demanda do mesmo por parte dos asistentes. Veranse páxinas web de compraventa de artículos de segunda man, como se manexan e como se fai para publicar ou ver un artículo.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

44 - Taller: Repasa a escritura no teu ordenador

CELEBRACIÓN: 20 de Abril e 2 de Xuño / horas

Este curso pretende reforzar os coñecementos do ordenador, mentres se practica co teclado mediante unha páxina de internet. A páxina de alfabetización dixital, reúne todos os aspectos do teclado, polo que repasarán aqueles conceptos que non afondasen durante o manexo básico. Mediante a páxina web, tamén realizarán búsquedas en internet. Por outra banda o teclado, ao ser o mesmo que no móbil ou na tablet, axuda a manexar os mesmos con unha maior soltura á hora de escribir un texto. Todo isto axudará a favorecer o envellecemento activo, mellorando as capacidades cognitivas dos participantes

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

45 - Taller Memoria Dixital Lugo

CELEBRACIÓN: 11 de Maio, 15 de Xuño e 25 de Xuño / horas

Os obxectivos deste taller son fomentar recordos e con iso potenciar a memoria, dando a coñecer a páxina web www.memoriadixitallugo.es , e o seu funcionamento, para así poder continuar co labor de recollida de imaxes antigas da provincia de Lugo, para tentar formar un banco de imaxes e recordos dos nosos maiores. Ademais farase un breve repaso de internet, correo electrónico e almacenamento de arquivos para afianzar os coñecementos adquiridos durante os cursos, indicando aos participantes como facer para enviar fotografías ou vídeos que desexen compartir en dita web. Neste taller os participantes deberán traer unha ou máis fotos antigas, que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade entre os alumnos. Analizaranse e comentaranse as diferentes fotografías aportadas polos participantes, lembrando anos pasados e conformando lembranzas propias da nosa provincia e da nosa xente.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA