CURSOS e TALLERES dirixidos aos MAIORES da PROVINCIA de LUGO para a PROMOCIÓN da súa AUTONOMÍA PERSOAL

ACTUACIÓN: Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia

LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Fundación Tic - IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta S/N – 27004 Lugo (Galicia)

Teléfono: 982 225 186

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Actuación: Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia

O obxectivo destes cursos e talleres é ser un estímulo para usar as novas tecnoloxías, facendo conscientes aos participantes das utilidades e dos beneficios que estas lles poden proporcionar: actividades útiles ademais de amenas e gratificantes.

Un aliciente importante para as persoas maiores, empregar as novas tecnoloxías no seu propio fogar, en todas as súas vertentes, favorecendo deste xeito a súa autonomía persoal, a adquisición de habilidades e a mellora e preservación das súas capacidades cognitivas e funcionais, fomentando así o envellecemento activo.

AULA DE TRANSMISIÓN DE COÑECEMENTO
Nas instalacións do InLugo (Fundación TIC) existe un aula interactiva con material informático e conexión a Internet a disposición de todas aquelas persoas maiores que o desexen.             
Así mesmo, empregarse para realizar actividades de reforzo dos coñecementos adquiridos nos diferentes cursos realizados (ver final documento).                                           
                                              
TITORÍAS PERSONALIZADAS
(Previa Cita)
As persoas que precisen axuda con respecto ás novas tecnoloxías, poderán achegarse ao centro para tentar resolver as súas dúbidas.
Nas datas e horas especificadas, os profesores do INLUGO, resolverán dúbidas tecnolóxicas a todos os maiores que o precisen, de xeito individualizado.


AS INSCRICIÓNS ABRIRANSE O 20 DE ABRIL DE 2017 Á 13:00H.

LISTADO DE CURSOS

15 - Curso: Que son as redes sociais: descobre Facebook (Crea o teu propio perfil nas redes sociais)

CELEBRACIÓN: 29, 30, 31 Maio e 1 Xuño / 11:00-13:00 / 8 horas

Con este curso preténdese que as persoas maiores interactúen coas novas tecnoloxías e se acheguen ao mundo das redes sociais, coñezan a súa utilidade e se favoreza a súa inclusión social mediante as posibilidades que ofrece Internet. As actividades a realizar neste curso serán dinámicas, xa que non só se centrarán en contidos, senón que se pretenderá amosar aos participantes como crear e empregar de xeito seguro un perfil en Facebook para compartir as súas inquedanzas. Isto favorecerá a súa autonomía persoal, a comunicación e a socialización.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

16 - Taller: Movémonos e pensamos coa Xbox. (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz con videoconsolas Xbox)

CELEBRACIÓN: 30, 31 Maio e 1 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

O obxectivo deste Taller será empregar as videoconsola Xbox e o sistema Kinect e a videoconsola Wii coa Balance Board para a prevención do deterioro cognitivo, motriz e funcional do colectivo que conforman as persoas maiores da provincia de Lugo. O sistema Kinect é un sistema de detección de movemento que permite xogar sen mando, o que significa xogar con todo o corpo. Kinect responde aos movementos corporais. Neste taller coñeceremos os videoxogos Kinect Sports, Kinect Adventures e Dr. Kawashima Revitaliza, que permiten estimular diversas capacidades motrices e cognitivas. Tamén empregaremos a videoconsola Wii e a táboa de exercicios Balance Board con programas como Wii Fit. A práctica destes xogos precisa de certo exercicio físico, mellorando o control postural, o equilibrio e incentiva a percepción e a atención, a orientación viso-espacial e o cálculo de distancias e os reflexos, capacidades básicas para o desenvolvemento das persoas e en especial para as persoas maiores. Trátase de xogos e actividades de carácter lúdico e social, co que se intentará fomentar a socialización dos participantes. A idea de desafío asumible, tanto individual como colectivo, está presente. Isto fai que participar nesta actividade teña un factor competitivo e motivacional do que non dispoñen outros tipos de estimulacións.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

17 - Talleres de informática xeral

CELEBRACIÓN: 30 e 31 Maio e 1 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Son moitas as persoas que xa realizaron os cursos e que queren saber mais acerca do uso dos diferentes dispositivos e descubrir todas as posibilidades que estes nos poden ofrecer. Durante o trimestre, realizarase un taller de tres días, para todas as persoas que, tendo os coñecementos suficientes de internet, manexo de móbil e tablet, queiran descubrir novos aspectos ou funcións dos seus dispositivos. Estas mesmas persoas, ademais poderán optar aos diversos talleres que se realizan no trimestre. Os contidos que se abordarán, variarán, e serán mais ou menos extensos, dependendo das destrezas, habilidades e coñecementos dos participantes. Así poderase afondar en: - Mensaxería, con messenger, what`s app e/ou skype. - Escritura co ordenador, empregando páxinas online. para axilizar a mecanografía e lembrar as diversas combinacións de teclas para escribir. - Búsquedas variadas en Internet, empregando páxinas como a Wikipedia, Youtube, comparadores, e mesmo descubrir páxinas de compras, segunda mano etc. - Descarga e instalación de antivirus. - Como entrar na conta persoal do banco e consultar por internet ou polo móbil. - Facer a compra ou pedir cita por internet. Por outra parte, con estes talleres os alumnos mellorarán a súa autonomía persoal a nivel tecnolóxico, servíndolle de forma de valoración das habilidades adquiridas durante os cursos, mantendo aos participantes socialmente activos. Un dos obxectivos principais destas actividades, ademais de reforzar os coñecementos adquiridos e mesmo aumentar os mesmos, é de preservar, recuperar e activar as habilidades e coñecementos, axilizar a súa memoria e facer que se sintan seguros a hora de navegar por internet ou facer algunha xestión a través destas novas tecnoloxías.. Para poder facer estes talleres, será preciso realizar unha inscrición previa, non se entregará material e, na medida do posible, os participantes empregarán os seus propios dispositivos. Deste xeito, evitaríanse posibles dificultades á hora de acceder aos contidos do taller, mentres o alumno se atopa na súa casa.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

18 - Taller de Memoria Dixital Lugo. “Enriquecendo a memoria do pasado”

CELEBRACIÓN: 2 Xuño 11:00-13:00 / 2 horas

Os obxectivos deste taller son fomentar recordos e con iso potenciar a memoria, dando a coñecer a páxina web www.memoriadixitallugo.es , e o seu funcionamento, para así poder continuar co labor de recollida de imaxes antigas da provincia de Lugo, para tentar formar un banco de imaxes e recordos dos nosos maiores. Ademais farase un breve repaso de internet, correo electrónico e almacenamento de arquivos para afianzar os coñecementos adquiridos durante os cursos, indicando aos participantes como facer para enviar fotografías ou vídeos que desexen compartir en dita web. Neste taller os participantes deberán traer unha ou máis fotos antigas, que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade entre os alumnos. Analizaranse e comentaranse as diferentes fotografías aportadas polos participantes, lembrando anos pasados e conformando lembranzas propias da nosa provincia e da nosa xente.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

19 - Curso: Atréveste con Internet? Axudámosche (Aprendemos a usar o ordenador e a navegar por Internet)

CELEBRACIÓN: 5, 6, 7 e 8 Xuño / 16:30-18:30 / 8 horas

O obxectivo principal deste curso é aprender os fundamentos básicos para poder acceder a Internet e a toda a súa información. Algo que parece tan básico non o é tanto para as persoas maiores e, sen embargo, poden obter beneficios interesantes en canto a autonomía para a súa vida cotiá. Ao final do curso preténdese que os asistentes sexan capaces de conectarse a Internet por si mesmos, e sexan capaces de atopar información útil no día a día: pedir cita para o médico de cabeceira, coñecer a previsión do tempo para a semana, consultar a programación de televisión, localizar a gasolineira máis barata no noso entorno, escoitar a radio en directo por Internet, atopar e participar nun torneo de tute en liña, ... En definitiva, aumentar a súa autonomía a través das TIC.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

20 - Curso: Escribe no ordenador empregando un editor de texto (Apuntamentos básicos de mecanografía e uso de WordPad)

CELEBRACIÓN: 3,4,5 e 6 ABRIL / 11:00-13:00 / 6 horas

Trátase de dar a coñecer a ferramenta gratuíta que ofrece Windows para poder realizar un documento escrito, con actividades de mecanografía mediante xogos interactivos que farán mellorar a soltura na escritura dos participantes, aprendendo a desenvolverse cun editor de texto sinxelo. Saber utilizar o ordenador axuda aos maiores en moitas facetas das súas vidas, axudando incluso a combater a ansiedade, a soidade ou os sentimentos negativos, que diminúen entre as persoas maiores capaces de participar nas redes sociais, chatear, enviar correos, ... polo que este curso permitirá ao alumno afacerse ao ordenador e ao teclado, aprendendo unhas nocións básicas para redactar un e-mail ou escribir unha carta ou calquera outro documento.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

21 - Taller: Mantemos en forma ao cerebro (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa videoconsola Wii)

CELEBRACIÓN: 6, 7 e 8 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Con esta actuación preténdese empregar a videoconsola Wii e o videoxogo Big Brain Academy para a prevención do deterioro cognitivo do colectivo que conforman as persoas maiores da provincia de Lugo. A principal misión deste videoxogo, o Big Brain Academy, é estimular diversas capacidades mentais, propoñendo unha serie de desafíos, a modo de xogos con diferentes niveis de dificultade e dun xeito lúdico. Traballaremos a percepción (capacidade de percibir unha forma de modo visual, semellanzas e diferenzas, e habilidades visoconstrutivas), a memoria (tarefas de recoñecemento visual e memoria de traballo para os sons), o cálculo (operacións aritméticas sinxelas), a análise (tarefas de percepción visual, visoconstrución e memoria semántica) e a agudeza (tarefas de recoñecer obxectos e estimación de cantidades: o individuo debe resolver diferentes problemas tan rápido como poida). Trátase de ofrecer ás persoas maiores da provincia a posibilidade de realizar estimulación cognitiva aproveitando as vantaxes da videoconsola Wii, destacando entre elas o seu carácter eminentemente lúdico e social, co que se fomentará a sociabilidade dos participantes.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

22 - Curso: O carteiro en Internet: que é o correo electrónico (Enviar e recibir correos por Internet)

CELEBRACIÓN: 13,14 e 15 Xuño / 16:30-18:30 / 6 horas

Unha das características principais de Internet é a capacidade de comunicación entre persoas. A forma máis sinxela para facelo é a través do correo electrónico, un sistema moi similar ao correo postal tradicional en canto a conceptos, pero con todas as vantaxes das novas tecnoloxías. Para as persoas maiores trátase dunha ferramenta moi interesante, permite estar en contacto cos seres queridos, familiares que están lonxe, ou ben poder acceder a utilidades de Internet que precisan dunha conta de correo electrónico por parte do usuario. Ao final do curso, os asistentes terán a oportunidade de crear a súa conta persoal de correo e coñecer o seu manexo. Enviar e recibir mensaxes, organizar a caixa de correo persoal ou enviar arquivos adxuntos como fotografías ou documentos de texto. De novo as TIC veñen ao auxilio das persoas maiores para mellorar a súa autonomía.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

23 - Taller: Ximnasia mental coa Tablet (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva con tablet e/ou smartphone)

CELEBRACIÓN: 13, 14 e 15 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Neste Taller empregaremos a tablet ou o smartphone e varias das múltiples aplicacións gratuítas existentes para o sistema operativo Android, para a prevención do deterioro cognitivo do colectivo que conforman as persoas maiores da provincia de Lugo. O uso destes dispositivos pode permitirnos a realización de sinxelas actividades de estimulación cognitiva de gran valor. Empregaremos diversas aplicacións, para traballar o cálculo básico), a memoria visual, o cálculo de distancias e a análise, a linguaxe, a percepción e a orientación espacial. Este Taller pode servir como estímulo para usar as novas tecnoloxías, neste caso os dispositivos táctiles como a tablet ou o smartphone, para dispoñer e levar a cabo estimulacións cognitivas no propio fogar, con actividades moi lúdicas e dinámicas, que permiten gran flexibilidade na planificación das mesmas.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

24 - Curso: Organízate co teu móbil (Nivel I de uso do móbil/smartphone)

CELEBRACIÓN: 13,14 e 15 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Este curso pretende amosar as vantaxes do uso do teléfono móbil na vida diaria das persoas maiores, posibilitándolles os coñecementos para realizar chamadas de emerxencia, ou o uso da alarma para a toma de medicación, favorecendo así a mellora na súa calidade de vida, fortalecendo a autoestima e estimulando a capacidade cognitiva dos maiores e as súas relacións sociais. Os participantes aprenderán a usar o teléfono móbil en tres sesións dinámicas nas que realizarán chamadas e enviarán mensaxes aos compañeiros, o que favorecerá a súa inclusión social e mellorará a súa socialización.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

25 - Curso: Facemos vídeo con fotografía

CELEBRACIÓN: 19, 20, 21 e 22 Xuño / 16:30-18:30 / 8 horas

Con este taller preténdese empregar o programa Movie Maker para a creación de vídeos a través de diferentes imaxes. Este taller e totalmente práctico, con fotografías propias e poderán facer vídeos de diferentes duracións, con todos os efectos que nos permita o programa. Igual que o vídeo está formado por imaxe e son, preténdese que as persoas maiores unan fotografías propias con calquera tipo de música para dar lugar a vídeos persoais que poderán reproducir en calquera medio multimedia na súa casa.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

26 - Curso: Avanza e coñece o que podes facer co teu smartphone (Nivel II de uso do móbil/smartphone)

CELEBRACIÓN: 20, 21 e 22 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Este curso preséntase como complemento do Nivel I de uso de móbil/smartphone. Trátase de ofrecer ás persoas maiores da provincia, os coñecementos sobre este dispositivo para aproveitar mellor as vantaxes que ofrecen as novas aplicacións para o teléfono móbil. Os participantes aprenderán a conectarse a unha rede Wifi, a descargar e instalar aplicacións e a gardar os contactos do teléfono no ordenador. Isto axudaralles a aumentar a súa autonomía persoal e a súa autoestima.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

27 - Taller: Exercicio mental co ordenador (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva co ordenador persoal)

CELEBRACIÓN: 21 e 22 Xuño / 10:00-12:00 / 6 horas

Con este Taller preténdese empregar o ordenador e as múltiples propostas existentes na rede para a prevención do deterioro cognitivo do colectivo que conforman as persoas maiores da provincia de Lugo. O uso de novas tecnoloxías pode permitirnos a realización de actividades de estimulación cognitiva de xeito online, ou a través de programas e xogos que de maneira gratuíta podemos descargar no noso ordenador. As actividades a realizar neste Taller serán moi dinámicas, permitindo gran flexibilidade na planificación das mesmas. Poderemos traballar diversas capacidades cognitivas, entre outras: Atención e concentración, Memoria, Funcións Executivas, Percepción e Recoñecemento, Linguaxe ou Cálculo. Os participantes deste Taller sairán do mesmo coñecendo moitas das múltiples propostas que se atopan na rede para aplicalas no seu fogar, mellorando así a súa autonomía persoal e previndo dentro do posible o deterioro cognitivo derivado da súa idade.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

28 - Taller de Memoria Dixital Lugo. “Enriquecendo a memoria do pasado”

CELEBRACIÓN: 26 Xuño 16:30-18:30 / 2 horas

Os obxectivos deste taller son fomentar recordos e con iso potenciar a memoria, dando a coñecer a páxina web www.memoriadixitallugo.es , e o seu funcionamento, para así poder continuar co labor de recollida de imaxes antigas da provincia de Lugo, para tentar formar un banco de imaxes e recordos dos nosos maiores. Ademais farase un breve repaso de internet, correo electrónico e almacenamento de arquivos para afianzar os coñecementos adquiridos durante os cursos, indicando aos participantes como facer para enviar fotografías ou vídeos que desexen compartir en dita web. Neste taller os participantes deberán traer unha ou máis fotos antigas, que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade entre os alumnos. Analizaranse e comentaranse as diferentes fotografías aportadas polos participantes, lembrando anos pasados e conformando lembranzas propias da nosa provincia e da nosa xente.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

29 - Curso: Descubrindo ideas coas imaxes de Pinterest

CELEBRACIÓN: 27, 28 e 29 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Retómanse os contidos deste curso, debido aos participantes, que solicitan afondar un pouco mais na informática e buscar, entre outras cousas, ideas en internet. Debido a esto, empregarase a rede social Pinterest, co obxectivo de que gocen de Internet mediante a busca de motivos de propio interese. Farase o correspondente rexistro nesta rede social baseada en fotografías e vídeos. Isto permitirá ao usuario buscar os seus intereses por temas predefinidos, podendo gardar e compartir imaxes que atopen na rede. Pinterest ten variedade de contidos, de acceso directo, entre os que podemos atopar moitas entradas relacionadas cos maiores, con consellos de diversa índole: decoración, carpintería, bordado, artesanía, receitas de cociña, ..., aportando múltiples ideas que se poden levar a cabo na casa, e que e atopan baixo o lema de DIY, Do It Yourself (faino ti mesmo). Todo isto proporcionará ao participante unha nova oportunidade para vencer o illamento e practicar o envellecemento activo, aumentando as relacións sociais e mellorando as capacidades cognitivas, mediante os exercicios de busca en Internet de contidos específicos e de gusto persoal.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

30 - Curso: Avanza e coñece todo o que podes facer coa túa Tablet. Nivel II de manexo de tablet

CELEBRACIÓN: 27, 28 e 29 Xuño / 11:00-13:00 / 6 horas

Unha vez adquirimos os coñecementos básico do funcionamento dunha Tablet, debemos profundizar en cousas básicas pero a vez complexas como poden ser a instalación dunha app ou a forma de eliminalas unha vez que non as utilizamos. Este curso é totalmente práctico, xa que dende o primeiro momento manexaremos as tablets, e a través de exercicios básicos chegaremos a copiar arquivos nestes dispositivos e a personalizar o noso dispositivo da forma que máis nos interese. Porque coas tablets, as TIC están na punta dos teus dedos.

PRAZAS CUBERTAS. INSCRIPCIÓN COMO RESERVA

TALLERES TECNOLÓXICOS DE REFORZO

Tendo en conta ás peticións da maioría dos usuarios de repetir e de facer os cursos de máis duración, os venres en horario de mañá impartiranse unha serie de talleres curtos, en sesións de dúas horas, para mellorar e continuar coa aprendizaxe, afianzando e potenciando os coñecementos adquiridos nos cursos realizados, nunhas sesións de curta duración na que os participantes realizarán unha serie de actividades. Propoñerase así mesmo unha serie de exercicios para realizar no fogar, que posteriormente enviarán a través do correo electrónico para a súa corrección. Estes Talleres están dirixidos a aquelas persoas que xa realizaran os cursos ou que teñan coñecementos básicos sobre o taller ao que se queira asistir, polo que se reservará a participación neles a aquelas persoas que asistiran aos cursos correspondentes, impartidos no centro. Resulta preciso facer esta distinción, para que as sesións sexan dinámicas e así poder reforzar ou ver máis aspectos e/ou contidos diferentes.

Preténdese fomentar ademais o uso do “Aula de transmisión de coñecemento”, na que se dispoñen todos os días da semana, de nove ordenadores, para uso e goce individual, estando os profesores de taller en caso de xurdir dúbidas. Os obxectivos deste Talleres de reforzo son:

- Preservar e mellorar as habilidades cognitivas das persoas maiores.
- Preservar, recuperar e activar habilidades e coñecementos sobre novas tecnoloxías.
- Fomentar e incentivar a capacidade de traballo autónomo.
- Adquirir hábitos novos de aprendizaxe.
- Aumentar a motivación polo uso das novas tecnoloxías .
- Reforzar os contidos dos cursos para afianzar coñecementos.
- Manter aos participantes socialmente activos.

Esta serie de Talleres de reforzo distribuirase da seguinte maneira:

Taller de reforzo de Internet
(3 edicións) Duración 2 horas
12 Maio / 11:00-13:00
26 Maio /11:00-13:00
16 Xuño /11:00-13:00

Taller de reforzo de Móbil/Tablet
(2 edicións) Duración 2 horas
19 Maio/11:00-13:00
9 Xuño /11:00-13:00

Taller de reforzo de Facebook
(1 edicións) Duración 2 horas
23 Xuño /11:00-13:00